Chove nos versos / Antonio García Teijeiro
por García Teijeiro, Antonio [autor/a]
; Enríquez, Lázaro [ilustrador/a]
.
Tipo: 
Este rexistro ten moitos ítems físicos (52). Faga clic aquí para velos todos.
"Chove nos versos" é un novo poemario de Antonio García Teijeiro dirixido ao público infantil e xuvenil. Artellado tematicamente arredor da idea da chuvia, a obra divídise en catro apartados: "As choivas no calendario", "Chovendo miudiño", "Chovendo a mares", e "Longa noite de chuvia", unha homenaxe explícita a Celso Emilio Ferreiro. Versos consonantes sobre pés clásicos, sonoridade baseada en aliteracións, metáforas luminosas caracterizan este longo poemario onde o autor volve dialogar cos seus poetas máis amados: dende Rosalía de Castro, Luis Pimentel, Celso Emilio Ferreiro a Nicolás Guillén. As pinturas de Lázaro Enríquez, de trazo firme, expresan os múltiples matices da chuvia, metáfora visual do paso do tempo, convertendo ao libro nun álbum poema, feito inédito ata agora na edición infantil en galego.
Ficha técnica formato Papel
Colección
EDICIÓNS SINGULARES INFANTÍS
Código
1334024
I.S.B.N.
978-84-9782-201-5
Publicación
30/09/2004
Clasificación IBIC
DCF
Formato
Papel
Páxinas
80
Tamaño
21 x 18.5 cm
1º-2º Primaria
3º-4º Primaria
5º-6º Primaria