Vista normal Vista MARC Vista ISBD

ROSEIRA DO TEU MENCER / XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ

por Álvarez Blázquez, Xosé María [autor/a].
Tipo: materialTypeLabelLibroEditor: VIGO : MERLÍN , NOVEMBRO 1992 Edición: 1ª ed.Descrición: 54 p. : il, monocromáticas ; 19 cm.ISBN: 9788475076782.Resumo: Este libro de poesía foi escrito ó longo dos anos 1949-1950, e publicado por primeira vez no ano 1950. Trátase dun conxunto de poemas que o autor lle dedicou á súa prímeira filla cando era pequeniña. Toda a temática dos poemas xira ó redor da relación dos país-adultos coa filla-nena que pouco a pouco vai descubríndo o mundo. Versos nacidos de sinxelas experiencias cotiás, que Xosé Mª Álvarez Cáccamo, fillo do autor, conta así: Por iso o libro, que ao principio tampouco non tiña nome, chamouse Roseira do teu mencer. O mencer de Colorín, os seus prímeiros días e meses de luz, está relatado aquí en versos pequenos que son para cantar. Sentiremos como chora a pobre nena perseguida polas galiñas e como vai procurar acougo no colo do pai. Pero logo, nunha mañá preciosa de sol, saen os tres felices ao campo para apañar flores e os caracois póñenlle un camiño de seda a Colorín para que pise entre as herbas sen mancar os pés (...). O pai escorrentaba as cousas grandes que lle puñan medo a Colorín: a chuvia, a neve, o vento, o arco da vella. E logo baixaban os dous á praia, que quedara limpa de sombras e branca coma azucre, a facer casas de cunchas (...). Estas e outras aventuras de Colorín canta don Xosé Mª Álvarez Blázquez, o pai dela e meu, na Roseira do teu mencer. No libro tamén se recollen seis poemas que non pertencen a Roseira do teu mencer pero merecedores de estar nesta obra.
    valoración media: 0.0 (0 votos)
Tipo de ítem Localización actual Sinatura topográfica Dispoñibilidade Notas Data de vencemento Código de barras Datos do exemplar
Prestable CEIP Plurilingüe de Seixalbo
Sala préstamo
82-P ÁLV ros Dispoñible OEC059000001259

Este libro de poesía foi escrito ó longo dos anos 1949-1950, e publicado por primeira vez no ano 1950. Trátase dun conxunto de poemas que o autor lle dedicou á súa prímeira filla cando era pequeniña. Toda a temática dos poemas xira ó redor da relación dos país-adultos coa filla-nena que pouco a pouco vai descubríndo o mundo. Versos nacidos de sinxelas experiencias cotiás, que Xosé Mª Álvarez Cáccamo, fillo do autor, conta así: Por iso o libro, que ao principio tampouco non tiña nome, chamouse Roseira do teu mencer. O mencer de Colorín, os seus prímeiros días e meses de luz, está relatado aquí en versos pequenos que son para cantar. Sentiremos como chora a pobre nena perseguida polas galiñas e como vai procurar acougo no colo do pai. Pero logo, nunha mañá preciosa de sol, saen os tres felices ao campo para apañar flores e os caracois póñenlle un camiño de seda a Colorín para que pise entre as herbas sen mancar os pés (...). O pai escorrentaba as cousas grandes que lle puñan medo a Colorín: a chuvia, a neve, o vento, o arco da vella. E logo baixaban os dous á praia, que quedara limpa de sombras e branca coma azucre, a facer casas de cunchas (...). Estas e outras aventuras de Colorín canta don Xosé Mª Álvarez Blázquez, o pai dela e meu, na Roseira do teu mencer. No libro tamén se recollen seis poemas que non pertencen a Roseira do teu mencer pero merecedores de estar nesta obra.

3º-4º Primaria

1º-2º Primaria

Coa tecnoloxía Koha